2 de mayo de 2016

PERMANENCIA INFANTIL EN 1ª AUTONÓMICA



Moi boas noticias tivemos este fin de semana na entidade: a victoria dos Seniors en Recesende con 3 xuvenís no 11 titular, un deles marcando un dos goles (Juanjo), a doble victoria do Cadete A que logra a sexta plaza e pode ter sorpresa final ou a entrega de trofeo de Campeóns de Liga da pasada temporada o equipo Biberón, pero sen lugar a dúbidas a máis destacada de todas foi a permanencia do Equipo Infantil en 1ª Autonómica. Nun fin de semana vital no que xogaban dous partidos, os rapaces de Adrián e Rubén foron capaces de gañar o sábado o Ed Arzúa por 6-1 e onte domingo, nunha autentica final ante o seu máximo rival pola permanencia, o Cire Melide, tamén venceron por 4-0 e sairon dos postos de descenso directo matemáticamente conquerindo a salvación. 
Queremos felicitar os xogadores, adestradores e moi especialmente os pais e nais deste equipo Infantil, que foron un nexo de unión para o grupo cando as cousas estaban moi complicadas. O que parecía unha utopía a inicio de temporada fixose onte realidade e nunca antes o noso lema deste ano tivo máis sentido ‪#‎COAAXUDADETODOS‬.
De novo o Concello de Riveira voltará a ter un equipo nesta categoría e o Sálvora CF estará presente por sexto ano consecutivo na mesma.



No hay comentarios: