14 de febrero de 2017

RECOLLIDA DE MATERIAL PARA O SÁHARA 2017

Van 12 anos xa dende que comezou toda esta andadura do Sálvora CF. Anos adicándolle tempo para os demais e levando a cabo un proxecto que en poucos anos reflexou os seus éxitos con máis de 200 nen@s federados disfrutando cada semana dunha actividade deportiva competicional ao aire libre.
Á par de esa andadura deportiva, está a Solidaria, na que se intentou colaborar desde o nacemento da entidade con todo tipo de asociacións que o necesitaban no noso concello: Cáritas Ribeira, Asociación contra o Cancro de Ribeira, Cruz Vermella ou Cofradía da Dorna. Este comezo de ano 2017, volvemos a colaborar co Sahara, como xa fixemos noutras ocasións
Ramon Martinez Becerra, o noso presidente, aproveitando a súa nova participación na proba solidaria Sáhara Marathon, que se celebra nos campos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) e na que participará o vindeiro 28 de febreiro, marchará cunha serie de material que o Sálvora CF donará, e para o que solicitamos a colaboración de todos os que o desexen e que o material que se entregue sexa o maior posible. (CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS (Analxésicos (paracetamol - ibuprofeno), Antidiarreicos, Leite en polvo, tratamentos de feridas (vendas, agua oxixenada, betadine....) e ACEITE DE OLIVA PARA OS CAMPAMENTOS DE REFUXIADOS SAHARAUIS.
O material recollido será levado, una parte, polo noso presidente en persona e o resto e a través de SOGAPS (Sociedade Galega para o pobo saharaui).
Deste xeito durante esta semana todos aqueles que queiran colaborar con esta iniciativa poden entregar o material a membros do clube que estarán no horario dos adestramentos en A Fieiteira. O derradeiro día de recollida será o luns 20 de febreiro.
O Maratón do Sahara pretende, a través do deporte, sensibilizar á sociedade occidental para evitar que a causa saharaui caia no olvido e por outro lado recaudar fondos para proxectos humanitarios para os refuxiados. Na proba participan corredores de máis de 20 países diferentes e de todos os continentes.
O Sálvora foi, é i será unha institución que seguirá fomentando unha serie de valores que van máis alá da competición. A colaboración e solidariedade con quen máis o necesita son pilares básicos deste clube que ano a ano vai medrando alcanzando cotas que nin os máis optimistas puideran pensar.
Unha pequena maneira de apoio que desde este pequeno e humilde clube do concello podemos ofrecer para colaborar con diferentes colectivos que traballan polo ben de toda a sociedade e coas que o Sálvora CF sempre está aberto a colaborar.
Esta é unha nova acción solidaria que desde a directiva encabezada por Ramón Martínez se realiza. Esta acción queremos facela enmarcandoa dentro da responsabilidade social que coma clube de Riveira, con máis de 200 nen@s na súa nómina e cunha ampla masa social e de aficionados debemos estar colaborando en todas as acción solidarias que podamos estar presentes.



No hay comentarios: