21 de marzo de 2017

PRESENTACIÓN CAMPAÑA CONXUNTA CONTRA O CANCRO DO SÁLVORA CF E CD ARTES

O Sálvora CF e o CD Artes, dous dos equipos pequenos do Concello de Riveira, unen as súas forzas na loita contra o Cancro e organizan unha actividade conxunta nos seus vindeiros partidos que xoguen de locais.
A recaudación da entrada dos seus  vindeiros partidos que xoguen coma locais  irá destinado a ONCOMET que é un grupo multidisciplinar formado por investigadores básicos e clínicos, que centra a súa investigación nun dos maiores retos actuais en oncoloxía, as metástases, abarcando todo o proceso; desde a invasión tumoral á diseminación metastásica e formación de micrometástasis, abordando o seu estudo desde distintas perspectivas pero sempre desde un enfoque traslacional, sendo todos os proxectos deseñados tratando de cubrir necesidades clínicas reais; desde e para o paciente.
O primeiro dos actos será o vindeiro Domingo 26 de marzo a partir das 17:00 horas, no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira  durante o partido do Grupo 4 de Segunda Autonómica entre o Sálvora CF e o SDC Recesende. A taquilla (2 euros) e as rifas será integra para esta campaña de micromecenado que está realizando a ONCOMET.
O segundo acto será o vindeiro 2 de abril no Campo de A Trinidade en Oleiros no partido de 3ª Autonómica Grupo 5 que enfrentará o CD Artes e o Carreira CF. Tamén toda a taquilla (2 euros de entrada) e rifas irá destinada a esta campaña.
As directivas do Sálvora CF e CD Artes queren promover a sensibilización social sobre a necesidade de obter financiación para poder acabar con esta enfermidade, tendo como finalidade recadar fondos para seguir con estes novos proxectos
Unha pequena maneira de apoio que desde estes pequenos e humildes clubes do concello podemos ofrecer para colaborar coas entidades que traballan polo ben de toda a sociedade e coas que estes clubes sempre están abertos a colaborar.
Esta campaña queremos facela enmárcandoa dentro da responsabilidade social que coma clubes de Riveira, cunha ampla masa social e de aficionados, consideramos que debemos estar colaborando en todas as acción solidarias que podamos polo ben do conxunto da cidadanía

Recordar que a roda de prensa de Presentación desta Campaña será o vindeiro Martes 21 de Marzo as 20:00 horas no Ateneo Valle Inclán de Riveira (Bar Plaza).



No hay comentarios: