11 de abril de 2017

SEMANA SANTA 2017

Recordade que hoxe debuta o Infantil B na Previa da Copa do Sar ante o Porto do Son CF en A Trinidade as 18:30 horas. Aínda que non poden pasar de Fase, como lle pasa a o Cadete "B", continúan co seu aprendizaxe e teñen 3 partidos máis de competición.
Esta Semana Santa comezan os diferentes torneos e esta entidade voltará a estar presente na medida das suas posibilidades nos diferentes campeonatos.
O xoves e venres estaremos en Aguiño, como é habitual e obligatorio para colaborar cos equipos do noso Concello Riveira (polo menos para a nosa entidade), participando no VI Torneo de Fútbol Base que organiza o X. Aguiño. O xoves 13 estaremos con 1 Prebenxamín e o Venres 14 con 2 equipos Benxamíns.
O sábado será o turno da Ames Cup na categoría Alevín donde estará competindo un dos nosos equipos no torneo que organiza o Bertamiráns FC.

No hay comentarios: